Antoloxía do conto galego de tradición oral #978553

di Anónimo

Editorial Galaxia S. A.

(Ancora nessuna recensione) Scrivi una recensione
13,56€

Leggi l'anteprima

Ebook accessibile. Per approfondire leggi qui
Coa celebración do seu 75 aniversario, Editorial Galaxia recupera o espírito innovador que demostrou nas súas publicacións dende 1950, traendo ao lectorado de hoxe moitas destas obras que supuxeron unha renovación do mundo cultural galego e, por extensión, tamén da súa sociedade, grazas á Biblioteca 75 anos.
O novo volume desta colección conmemorativa é a Antoloxía do conto galego de tradición ora, de Henrique Harguindey e Maruxa Barrio, que realizaron un intenso labor a prol da recuperación da nosa literatura popular. Publicado en 1983 por vez primeira, recupérase agora cun limiar de Antonio Reigosa, escritor, investigador e divulgador tamén da nosa cultura popular, co engadido de lustracións de Agustina Shuan.
Unha selección dos mellores contos creados pola cultura popular galega, de tradición oral, que son parte do saber do pobo: contos de animais, contos realistas e de burla e de tema marabilloso fan que esta antoloxía sexa unha boa representación do xeito que ten a nosa xente de ver o mundo. Fala e literatura coinciden; son manifestación dun pobo que se conta a si mesmo, que se retrata con humor, que se achega ao mundo coa sabedoría cultivada e transmitida de xeración en xeración.
É esta unha invitación a achegarse ao conto popular, a se mergullar de cheo nese fermoso mundo, máxico e realista, cómico e dramático, gobernado pola graza e a imaxinación popular.
Aggiunta al carrello in corso… L'articolo è stato aggiunto

Con l'acquisto di libri digitali il download è immediato: non ci sono costi di spedizione

Altre informazioni:

ISBN:
9788411765619
Formato:
ebook
Anno di pubblicazione:
2026
Dimensione:
6.53 MB
Protezione:
drm
Lingua:
Altre lingue
Autori:
Anónimo
accessible:
true