Lonxe de nós e dentro e outras páxinas #980006

di Camilo Gonsar

Editorial Galaxia S. A.

(Ancora nessuna recensione) Scrivi una recensione
11,70€

Leggi l'anteprima

Ebook accessibile. Per approfondire leggi qui
Coa celebración do seu 75 aniversario, Editorial Galaxia recupera o espírito innovador que demostrou nas súas publicacións dende 1950, traendo ao lectorado de hoxe moitas destas obras que supuxeron unha renovación do mundo cultural galego e, por extensión, tamén da súa sociedade, grazas á Biblioteca 75 anos.
O novo volume desta colección conmemorativa é Lonxe de nós e dentro e outras páxinas, de Camilo Gonsar, con introdución da escritora Antía Yañez.
Saída do prelo na colección Illa Nova de Editorial Galaxia en 1961, tratase do debut dun autor clave dentro do proceso modernizador das letras galegas contemporáneas. Son, os relatos que compoñen esta obra, fondamente disruptivos coa tradición anterior. O fantástico e marabilloso esvaecen, e batemos cun realismo que acredita o baleiro da cotiandade nas grandes cidades, o absurdo da existencia e á alienación inherente a toda experiencia migratoria.
Di o propio, Gonsar no limiar á segunda edición en 1985: “ao reler os contos de Lonxe de nós e dentro, escritos a finais dos anos cincuenta, sorprendeume un feito ben sabido, pero que non se adoita medir en todo o seu alcance: a profundidade do cambio social que tivo lugar en trinta anos máis ou menos”. Pasaron xa outros 40 anos desta edición e o cambio social multiplicouse de xeito exponencial, mais hai algo que non mudou, a extraordinaria calidade literaria destes relatos. Pasen e gocen de Gonsar en todo o seu esplendor.
Aggiunta al carrello in corso… L'articolo è stato aggiunto

Con l'acquisto di libri digitali il download è immediato: non ci sono costi di spedizione

Altre informazioni:

ISBN:
9788411765633
Formato:
ebook
Anno di pubblicazione:
2026
Dimensione:
448 KB
Protezione:
drm
Lingua:
Altre lingue
Autori:
Camilo Gonsar
accessible:
true